A Nosa Queixería
Desde Lobán, sito en pleno San Simón da Costa, Queixería Fontelas consolidouse na produción de queixos con Denominación de Orixe San Simón.
Respectando sempre os valores estritos de calidade dos nosos comezos, Fontelas foi evolucionando ata converterse en referente na calidade e tamén na innovación.
Os Nosos queixos,
Premiados!
Clientes satisfeitos, o mellor aval
Unha ampla variedade de produtos que consolidaron unha forma de traballar e permitíronnos obter un recoñecemento xeral das nosas elaboracións. Recoñecemento en forma de premios, pero sobre todo, en forma de clientes satisfeitos.
Novas instalacións
Novas instalacións, para novos retos. O avance ao servizo do Queixo San Simón de sempre.
Froito deste crecemento son as novas instalacións Fontelas situadas no polígono industrial Sete Pontes de Vilalba. Unha nave de 500 metros cadrados á que trasladamos gran parte da nosa actividade.
Nosa fábrica orixinal, situada no barrio de Lobán na parroquia de San Simón, centrarase na produción, mentres que os demais procesos: secado, afumado e etiquetaxe de queixos realizarase nas nosas novas instalacións.
Fontelas
na túa mesa!
Cada vez, somos máis
Na nosa nova localización dispoñemos tamén dunha tenda de venda ao público. Para máis información, podes contactar connosco neste ligazón.
O noso compromiso é seguir facendo gozar aos amantes do bo queixo e aumentar o número de fogares que confían en nós no seu día a día.